miércoles, 21 de febrero de 2018

Coñecemos o barrio!

En Ciencias Sociais estivemos aprendendo moitas cousas sobre o barrio: que podemos atopar nel, as distintas sinais de educación viaria, que debemos cruzar no paso de peóns para facelo de forma segura... e o máis importante: o barrio no que vivimos e que o noso centro está situado no barrio de Coia.
Para rematar a actividade animámonos a diseñar entre todos un barrio inventado no que cada un de nós aportou a súa visión sobre un barrio

jueves, 15 de febrero de 2018

Celebramos o entroido no centro

O venres 9 de febreiro celebramos o entroido no centro.  Esta celebración consistiu en disfrazarnos de volantes de Chantada (traxe típico do entroido desta terra galega) e realizar un desfile polas rúas próximas ao centro ata o parque da miñoca. Ao chegar ao cole fixemos o baile de zumba.
Divertímonos moito ese día!
















miércoles, 14 de febrero de 2018

Actividades Entroido

Este ano a temática do entroido foi os traxes típicos desta festa galega. Polo que traballamos os diferentes traxes que existen na nosa terra. Coñecimos moitas curiosidades de cada un deles e apreciamos cada un deles. Para rematar, decoramos uns debuxos para decorar o corredor:
















Outra actividade que realizamos foi quitarnos fotos na aula e despois decoralas de entroido. Gustounos moito levala a cabo e foi moi divertida, quedando uns resultados moi chulos:















Mandatos do meco!

A semana pasada recibimos os mandatos do meco, no que cada día da semana tiñamos que traer algo da casa. Viñemos todos moi guapos:
O luns trouxemos plumas...





O martes pintámonos un bigotiño...





O mércores trouxemos unhas luvas...




E por último, o xoves, seguindo co mandato do meco, tocou traer unhas lentes...





E para celebrar que estamos no entroido, ese mesmo día, o xoves, fixemos unha merendola na que o pasamos moi ben cos nosos compañeiros. Moitas grazas as familias pola súa colaboración!