martes, 29 de mayo de 2018

Día da familia

O 15 de maio celebramos na aula o día da familia. Ensinamos as fotos que trouxemos das casas e falamos das nosas familias. Despois tivemos que atopar os anacos da nosa foto para construir un puzzle con ela e poder decorala para levala a casa. Para finalizar pegamos as nosas fotos nun mural.









Visita do pai de Lucas

A primeira visita que tivemos na aula no mes de maio foi  a do pai de Lucas. Viu a presentarnos a súa profesión e trouxo o coche de policía e algunha sorpresa. Gustounos moito descubrir as ferramentas do seu traballo. Moitas grazas pola colaboración!!!

viernes, 25 de mayo de 2018

Día das Letras Galegas

Este ano o Día das Letras Galegas foi adicado a María Victoria Moreno. Por iso na aula coñecemos algunhas das súas obras, como por exemplo "A brétema" da cal fixemos o cartel para o escenario para o día da actuación.
Buscamos unha foto da autora en internet para saber cómo era e compartimos as nosas propias impresións cando a vimos! A continuación tivemos que rematar un retrato da mesma que despois colocamos na aula. Quedaron todos moi diferentes e orixinais! Rematamos a celebración có Festival!












jueves, 10 de mayo de 2018

Saída ao Alcampo

O día 8 de maio disfrutamos dunha visita ao Alcampo de Coia. Como está preto do noso centro todos o coñecíamos pero alí aprendemos moitas cousas que non sabíamos. Empezamos descubrindo que é un hipermercado e os diferentes tipos de bolsas que alí teñen. Sorprendeunos moito que para facer unha delas utilizan a pataca. Visitamos o hiper e despois "disfrazámonos" cunhas bolsas que nos deron para poder baixar aos obradoiros.



A continuación fomos a pescadería. Alí ensináronos moitos peixes e mariscos e moitas curiosidades, como por exemplo a diferenza entre un polbo e un calamar:







Para baixar aos obradoiros fixémolo nun ascensor xigante no que entraba a clase enteira. Os obradoiros estaban preto da zona onde se garda toda a mercancía que chega nos camións ata que se pon a venda.

Empezamos vendo cómo se recicla o cartón das caixas nas que se recibe a mercancía e a importancia de non tiralas.

A continuación fomos a un sitio onde facía frío porque alí tiñan a carne. Ensináronos cómo se empaquetaba e cal era o proceso. Teñen unhas cámaras frigoríficas moi grandes para gardala. Alí degustamos unhas ricas croquetas!




Fomos a ver cómo se facía o pan e o seu empaquetado. Teñen uns hornos que non se parecen en nada aos das nosas casas e necesitan uns guantes especiais para sacar o pan. O pan recen feito estaba boísimo.







Volvimos ao hipermercado pero esta vez visitamos a froitería para coñecer as diferentes froitas e hortalizas que nela se venden.


Para rematar a visita regaláronos a merenda, que consistía nun croisant e un zumo. Como estaba moi bo tempo merendamos nos bancos que están na entrada do Alcampo.









É unha visita moi recomendable!!!