sábado, 28 de abril de 2018

Día do libro 2018

O día 23 de Abril foi o día do libro e para celebralo fixemos algunhas actividades:
Empezamos lendo o conto de Leotolda. Foi moi divertido porque deixamos voar a nosa imaxinación e axudamos aos amigos de Leotolda a atopala facendo un retrato dela. Cada un fíxoa como a imaxinaba (tendo en conta a descripción que nos daba no libro).


Por outro lado, seguindo coa tradición doutros anos, este ano tamén tivemos padriños lectores que nos leron un conto no patio despois do recreo. Para agradecerllo fixémoslle uns marcapáxinas moi chulos que despois lle regalamos. Foi unha experiencia moi bonita.




lunes, 23 de abril de 2018

Visita do pai de Marc

A semana pasada, aproveitando que estamos coñecendo moitas cousas dos animais, visitounos o pai de Marc. Trouxo moito material e descubrimos diferentes tipos de aves e as súas plumas, cómo son as garras dun moucho, a pel dunha serpe, cómo é un cráneo dun zorro... Foi moi divertido aprender tantas cousas a través da manipulación. Moitas grazas pola experiencia!!!









sábado, 14 de abril de 2018

Observamos un morcego!

O venres tivemos na aula un morcego que apareceu no patio. Como tiñamos moita curiosidade por velo, estivémolo observando, aprendendo que non podíamos tocalo, e comprendimos todas as partes que o forman.
Aproveitamos esta experiencia porque en ciencias da natureza estamos aprendendo moitas cousas sobre os animais!!