viernes, 23 de marzo de 2018

Pascua

O último día de clase trouxemos uns ovos que decoramos con témpera e fixemos un coelliño de pascua para meter os ovos dentro. Foi unha actividade que lles gustou moito... Disfrutade moito das vacacións!












San Blas

Este ano o centro ten como proxecto as tradicións e a nosa aula tocoulle traballar a tradición de San Blas. Aprendimos moito dela: refráns, a forma de festexalo a través dun furancho, a tradición do pano... Decoramos a nosa porta e realizamos un mural cós refráns.



Moitas grazas a Dani, Alma, Sofía e Nuria pola aportación de material!!

miércoles, 14 de marzo de 2018

Día da muller

O 8 de marzo foi o día da muller traballadora. Para conmemorar esa data,  falamos da importancia que teñen as persoas no noso entorno, centrándonos nas mulleres. Cada un explicou aos seus compañeiros cal era a muller más importante da súa vida que coñecía, xa que todos temos unha. A continuación, fixemos un mural cós debuxos destas mulleres, facendo a maioría o retrato da súa nai.


viernes, 9 de marzo de 2018

Taller de froita

Seguindo cós alimentos saudables, e grazas a colaboración das familias, hoxe na aula fixemos un taller de froitas na que cada neno/a tiña que traer da súa casa unha peza de froita que lle gustase. Cada grupo pelou as súas froitas e puxéronse nun prato:

A continuación fixemos brochetas compartindo todo o grupo a froita que trouxo:



As brochetas quedaron moi bonitas e tiñan moi boa pinta





Polo que so quedaba comelas e... debían estar boísimas porque daba gusto ver como as comían






lunes, 5 de marzo de 2018

Merendas saudables!

Empezamos a semana mandando a casa unhas recomendacións de merendas saudables para traer ao cole. Aproveitando que estivemos vendo os alimentos saudables, a semana pasada elaboramos entre todos as posibles merendas que podiamos traer a clase para comer de forma saudable. Fixémolo con moita ilusión esperando que se vaia cumprindo semana a semana:

viernes, 2 de marzo de 2018

Día de Rosalía!

O día 24 de febreiro foi o día de Rosalía de Castro, polo que esta semana coñecemos un pouco máis sobre ela. Tamén lle dimos cor ao seu retrato, no que cada un tiña que elexir tres cores e decoralo:


Coñecimos o poema de "Tecín soia a miña tea" da obra de Follas Novas:


Tecín soia a miña tea,
sembrei soia o meu nabal,
soia vou por leña ó monte,
soia a vexo arder no lar.
Nin na fonte nin no prado,
así morra coa carrax,
el non ha de virm'a erguer,
el xa non me pousará.
¡Que tristeza! O vento soa,
canta o grilo ó seu compás...
Ferve o pote... mais, meu caldo,
soíña t'hei de cear.
Cala, rula, os teus arrulos
ganas de morrer me dan;
cala, grilo, que si cantas,
sinto negras soïdás.
O meu homiño perdeuse,
ninguén sabe en onde vai...
Anduriña que pasache
con el as ondas do mar;
anduriña, voa, voa,
ven e dime ond'está.

Cada un de nós aprendeu unha frase e despois recitamos o poema diante de todo o cole, xunto co de "maio longo":