viernes, 2 de marzo de 2018

Día de Rosalía!

O día 24 de febreiro foi o día de Rosalía de Castro, polo que esta semana coñecemos un pouco máis sobre ela. Tamén lle dimos cor ao seu retrato, no que cada un tiña que elexir tres cores e decoralo:


Coñecimos o poema de "Tecín soia a miña tea" da obra de Follas Novas:


Tecín soia a miña tea,
sembrei soia o meu nabal,
soia vou por leña ó monte,
soia a vexo arder no lar.
Nin na fonte nin no prado,
así morra coa carrax,
el non ha de virm'a erguer,
el xa non me pousará.
¡Que tristeza! O vento soa,
canta o grilo ó seu compás...
Ferve o pote... mais, meu caldo,
soíña t'hei de cear.
Cala, rula, os teus arrulos
ganas de morrer me dan;
cala, grilo, que si cantas,
sinto negras soïdás.
O meu homiño perdeuse,
ninguén sabe en onde vai...
Anduriña que pasache
con el as ondas do mar;
anduriña, voa, voa,
ven e dime ond'está.

Cada un de nós aprendeu unha frase e despois recitamos o poema diante de todo o cole, xunto co de "maio longo":


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.