lunes, 25 de junio de 2018

Bo verán!!

Un curso que remata pero temos un verán por diante no que cargaremos pilas para empezar segundo con ganas. Pasade un bo verán!!!

Excursión fin de curso

Antes de rematar as clases fomos de excursión de fin de curso a mariscar a Carril. Alí pasámolo moi ben (ainda que algúns non lles gustou nada traballar entre as algas) e tivemos tempo para "traballar" recollendo ameixas e sementalas e tempo para xogar nun parque. Foi unha excursión diferente e moi educativa.


























miércoles, 20 de junio de 2018

Visita da familia de Diego

A seguinte familia en visitarnos foi a de Diego. Foi unha actividade moi educativa e divertida que fixemos no patio e na que aprendemos o importante que é a reciclaxe. Para iso viñeron acompañados de cubertas de contenedores, de mini contenedores... e de material para reciclar. Moitas grazas pola colaboración!!

Señora tartaruga!!

Trátase dunha actividade que realizamos durante todo o curso. Para comezala, contamos o conto da tartaruga:


"Había unha vez unha tartaruga chamada “Tortuguita” que tiña 6 anos e non lle gustaba moito ir ao cole, porque pasaban moitas cousas que facían que se enfadase moito, gritar, patalear e pelexar cós demais. Sólo quería debuxar e pintar. Non quería colaborar con ninguén. Todos os días tiña problemas cós compañeiros, coa profesora…e despois sentíase moi mal e triste.
Un día atopou a unha tartaruga moi maior que lle dixo que quería axudala: “Contareiche un segredo” – Cal?- preguntou Tortuguita. Ti levas encima túa a solución as túas pelexas, insultos, líos, gritos e rabietas, pero, qué é?, insistiu Tortuguita. É o teu caparazón –respondeu a vella tartaruga. Podes esconderte dentro del cada vez que vaias a enfadarte, gritar, molestar, insultar, pelexar,…
E dentro do teu caparazón sentiraste a gusto e tranquila. E cómo se fai? – preguntou de novo Tortuguita. Encolle os brazos, as pernas e a cabeza e aprétaas contra o teu corpo. Cerra os ollos e pensa: Estou máis tranquila, non vou a pelexar, non vou molestar a ninguén.
A continuación Tortuguita practicou un pouco e a tartaruga maior díxolle: -Moi ben! Fixéchelo moi ben. Faino así cando vaias á escola.
Ao día seguinte Tortuguita foise ao colexio e nun momento da mañá empezou a enfadarse porque un compañeiro díxolle unha cousa e antes de chillar, patalear, insultar, pensou: Teño que poñer en práctica o que me dixo a tartaruga maior: meterme no caparazón. Así o fixo e non houbo ningunha pelexa, ningunha rabieta, ningún grito.
A profesora e os demais compañeiros a felicitaron. Tortuguita estaba moi contenta. Seguiu facendo o mesmo cada vez que pensaba que ía a portarse mal e a clase estivo moi a gusto con ela."
O seguinte foi debuxar a señora tartaruga co seu enorme caparazón e pegala na porta...
A continuación, tocaba realizar as formas para montar o caparazón, para iso tiñamos que recortalas e pintalas dunha cor que nos fixera estar en calma.







Cada un de nós contou en que pensaba para poder relaxarse, sairon opinións moi diversas: unha praia deserta, cociñar coa nosa familia, ir de paseo... Despois practicamos a postura da tartaruga e recordamos cando tiñamos que facela. Pareceunos moi boa idea que para axudar a relaxarnos nese momento a soas pensaramos en algo que nos producira tranquilidade. Cada vez que iamos o recuncho a facer a tartaruga tiñamos que pegar un anaco de caparazón. Pouco a pouco o caparazón foise enchendo de cor e o autocontrol mellorou na aula.

martes, 12 de junio de 2018

Visita do pai de Ainhoa

A seguinte visita na aula foi a do pai de Ainhoa. Con el fixemos tarros de area de cores mentras él nos explicaba como facelo. Quedaron uns tarros moi chulos e coloridos. Moitas grazas pola colaboración!!

sábado, 9 de junio de 2018

Primeiras xerminacións

A semana pasada plantamos e esta semana atopámonos coas primeiras xerminacións. Fíxonos moita ilusión ver como empezan os resultados das nosas sementes e comprobamos que non todas xerminan o mesmo tempo: a albahaca e o tomillo foron os primeiros en dar a sorpresa. Seguiremos esperando a ver cales son os seguintes.

Visita do pai de Antía

O seguinte en visitarnos na aula foi o pai de Antía. Ensinounos moitos tesouros dos animais que nos encantaron e fixeron que aprenderamos un montón. Para rematar a actividade fixemos unhas pegadas dun animal que despois levamos a casa. Foi moi divertido. Moitas grazas pola colaboración!!!

lunes, 4 de junio de 2018

Plantación na aula!!

O xoves empezamos a plantar diferentes sementes de plantas que teñen distintos usos que pouco a pouco imos ir coñecendo. Empezamos dando a primeiro paso que foi plantar: perexil, romero, albahaca, salvia, menta e tomillo. Co noso coidado seguro teremos unhas plantas estupendas!!







Visita da familia de Nuria

A familia de Nuria visitounos na aula para realizar unha serie de experimentos. Encantounos aprender tantas cousas novas e descubrir o que pasaba cando seguiamos as indicacións que nos daban. Moitas grazas pola colaboración!!

martes, 29 de mayo de 2018

Día da familia

O 15 de maio celebramos na aula o día da familia. Ensinamos as fotos que trouxemos das casas e falamos das nosas familias. Despois tivemos que atopar os anacos da nosa foto para construir un puzzle con ela e poder decorala para levala a casa. Para finalizar pegamos as nosas fotos nun mural.