sábado, 28 de abril de 2018

Día do libro 2018

O día 23 de Abril foi o día do libro e para celebralo fixemos algunhas actividades:
Empezamos lendo o conto de Leotolda. Foi moi divertido porque deixamos voar a nosa imaxinación e axudamos aos amigos de Leotolda a atopala facendo un retrato dela. Cada un fíxoa como a imaxinaba (tendo en conta a descripción que nos daba no libro).


Por outro lado, seguindo coa tradición doutros anos, este ano tamén tivemos padriños lectores que nos leron un conto no patio despois do recreo. Para agradecerllo fixémoslle uns marcapáxinas moi chulos que despois lle regalamos. Foi unha experiencia moi bonita.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.